Mi teoría de todo é un libro cheo de gráficos e gráficas. En cada capítulo a protagonista, Sarah, fai os seus cálculos, as súas ponderacións, as súas previsións e transfórmaas en diagramas, mapas conceptuais e gráficas de barras que nos adiantan ou ocultan o curso da historia.
E decidimos facer unha tartiña destas... |
Como xa andabamos pola metade do libro, e xa aconteceran moitas cousas (Sarah non consegue dominar a neurona borde, desobedece a papá e mamá e vai de festa, falta a clase, encóntrase co Capitán Zarigüeya, etc. etc.) fixemos as nosas prediccións de futuro.
Que vai pasar?
As posibilidades que apareceron foron moitísimas...
Iso si: triunfou a suposta maldade do Capitán Zarigüeya... |
E rexuntamos as opcións entre as que eran iguais ou parecidas, as máis populares e as menos e, veña!, a traballar!
Así, a monte! |
Argallando a gráfica das nosas propostas.... |
.... que é claro, unha vez lidos os seguintes capítulos, descubrimos todas erradas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario