As Campainhas é un Clube de Lectura tanto de primaria como de secundaria que nace no CPI Aurelio Marcelino Rey García co obxectivo de fomentar a paixón pola lectura e compartir emocións, ideas, críticas... que ditas lecturas espertan.
mércores, 25 de xaneiro de 2017
Dos dragóns
Primeira sesión con Dragal II presente.
Este martes repartimos os libros e marcamos a lectura para o martes próximo, coa intriga de se Hadrián comerá humanas ou non...
Entre tanto, fixemos un xogo para saber doutros dragóns que na literatura foran... A cada integrante do club tocoulle unha tarxetiña (texto ou foto) e tiña que encontrar o seu par na roda.
seremos nós?
A min non me soa que no Harry Potter haxa dragóns albinos...
Este é tan medievaloide como o de Dragal.
Home! O dragón verde de Peter!!
Hai dragóns patosos, como o de Mulan...
Agora si! O Fujur da Historia Interminable!
E o dragón de Hadgrig por partida triple!
Temos que roubar / as bolas do dragón...
Aprendemos que segundo as culturas, os dragóns son considerados seres beneficiosos e con connotacións positivas ou criaturas terroríficas e case diabólicas. O preferido de case todas é Mushu, o dragón torpón e metepatas de Mulan. É visto que preferimos a boa xente...
Mais non só xogamos cos dragóns! A última parte da sesión dedicámola a pensar, propor e organizar as ideas para gravar o vídeo de presentación do centro no Proxecto Dragal. A verdade é que nisto dos vídeos, xa somos medio expertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario