mércores, 23 de novembro de 2016

De caleidoscopios e manequíns

Levamos dúas sesión sen vos contar que estamos a facer,e igual pensades que estamos a aburrirnos moitísimo e que abandonamos este club...

NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE!

Na sesión pasada, ademais de falar de Sarah e da súa neurona borde, tentamos facer os nosos caleidoscopios en menos de 50 minutos:

Facendo o prisma interior...
A cousa parecía ordenada...
... pero non... Pasado este primeiro paso das instrucións, xa todo foi unha loucura porque Lara xa estaba no tubo cando Ángel aínda andaba co celo e Hugo non sabía como pregar o prisma e Karla necesitaba film transparente e Sara quería os abelorios e... a mestra toleou! Nin fotos deu feito!

O caleidoscopio de Sara funciona con a lámpada da mesinha de noite. E Laura investigou durante a semana e explicounos que non debiamos ter usado moldes de madalenas para tapar a parte posterior, que tiñamos que utilizar algo transparente...


Esta semana, ademais de comentar o feito fatídico da novela, a ridícula e accidental morte de Jamie (oooooooouh!!), a mestra tiña preparado un xogo baseado nas estatísticas ilustracións do libro, pero os camiños dos clubs son inescrutábeis e apareceuse polo medio da conversa a moda da tempada: o mannequin challenge.

Visionamos esta marabilla que veñen de realizar no IES de Chapela,



e en cinco minutinhos (que foron trinta) improvisamos o noso, porque

LER ESTÁ DE MODA!



A música que soa de fondo é a propia do asunto, seique... (Xa non, que como son uns repugnantes cos dereitos de autor, non deixaban partillar isto nos teléfonos móbiles. E iso que están a facerse famosos a conta nosa!!)...o resto é colleita nosa ;) 

Para que continuedes pensando que un Club de Lectura é algo aburrido!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario