Novo trimestre e novo libro.
O caso é que o noso centro foi seleccionado para participar no Proxecto Dragal 2016-2017. Por esta razón, toda a ESO tivo como lectura obrigatoria o libro Dragal I, de Elena Gallego. E, a proposta do EDL do centro, decidimos que no Club de Lectura leremos Dragal II, para completar a historia.
Como algunhas non lemos Dragal I, aquí vai o booktrailer:
Como participar no proxecto implica facer actividades complementarias à lectura, pois xa comezamos na primeira sesión de xaneiro, que somos así de dispostas.
E mentres non chegan os libros à Biblio, puxémonos a traballar na cabeza do noso dragón...
Ben, o sistema parece que non o acabamos de entender... |
Pero rapidamente nos aclaramos. E deseguida tiñamos repartidas responsabilidades, como un grande equipo... uns a romper papel, outras a repegalo...
Mmmm: isto é un dragón??? |
Parecer, parece un iglú... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario