Amosando publicacións coa etiqueta Mi teoría de todo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mi teoría de todo. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de xaneiro de 2017

E fin!

Acabamos de ler Mi Teoría de todo. Ben, non todas acabamos, mais o acordo era facelo... así que houbo algún que outro spoiler e o compromiso e a vontade de acabalo nas vacacións de nadal. 

Como tiñamos o salón de actos (onde xantamos sempre, vós non o sabiades) ocupado polos ensaios para o festival, por unha vez, e sen precedente, incumprimos as normas e... 

COMEMOS NA BIBLIO!!


Como vedes, aquí ninguén pasa fame!
Claro, con tan bo ambiente e xantar, chegou a ocorrencia: gravemos a nosa opinión sobre o libro! Argallámos un roteiro urxente, a cámara de móbil e, aínda que a Ana lle dea un pouco o riso, esta é a mellor versión que saiu... 


Outra cousa non, pero no Club pasámolo ben ben.

Estadísticas

Mi teoría de todo é un libro cheo de gráficos e gráficas. En cada capítulo a protagonista, Sarah, fai os seus cálculos, as súas ponderacións, as súas previsións e transfórmaas en diagramas, mapas conceptuais e gráficas de barras que nos adiantan ou ocultan o curso da historia. 

E decidimos facer unha tartiña destas...

Como xa andabamos pola metade do libro, e xa aconteceran moitas cousas (Sarah non consegue dominar a neurona borde, desobedece a papá e mamá e vai de festa, falta a clase, encóntrase co Capitán Zarigüeya, etc. etc.) fixemos as nosas prediccións de futuro. 

Que vai pasar? 

As posibilidades que apareceron foron moitísimas...

Iso si: triunfou a suposta maldade do Capitán Zarigüeya...

E rexuntamos as opcións entre as que eran iguais ou parecidas, as máis populares e as menos e, veña!, a traballar!

Así, a monte!
Argallando a gráfica das nosas propostas....

.... que é claro, unha vez lidos os seguintes capítulos, descubrimos todas erradas!!


mércores, 23 de novembro de 2016

De caleidoscopios e manequíns

Levamos dúas sesión sen vos contar que estamos a facer,e igual pensades que estamos a aburrirnos moitísimo e que abandonamos este club...

NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE!

Na sesión pasada, ademais de falar de Sarah e da súa neurona borde, tentamos facer os nosos caleidoscopios en menos de 50 minutos:

Facendo o prisma interior...
A cousa parecía ordenada...
... pero non... Pasado este primeiro paso das instrucións, xa todo foi unha loucura porque Lara xa estaba no tubo cando Ángel aínda andaba co celo e Hugo non sabía como pregar o prisma e Karla necesitaba film transparente e Sara quería os abelorios e... a mestra toleou! Nin fotos deu feito!

O caleidoscopio de Sara funciona con a lámpada da mesinha de noite. E Laura investigou durante a semana e explicounos que non debiamos ter usado moldes de madalenas para tapar a parte posterior, que tiñamos que utilizar algo transparente...


Esta semana, ademais de comentar o feito fatídico da novela, a ridícula e accidental morte de Jamie (oooooooouh!!), a mestra tiña preparado un xogo baseado nas estatísticas ilustracións do libro, pero os camiños dos clubs son inescrutábeis e apareceuse polo medio da conversa a moda da tempada: o mannequin challenge.

Visionamos esta marabilla que veñen de realizar no IES de Chapela,



e en cinco minutinhos (que foron trinta) improvisamos o noso, porque

LER ESTÁ DE MODA!



A música que soa de fondo é a propia do asunto, seique... (Xa non, que como son uns repugnantes cos dereitos de autor, non deixaban partillar isto nos teléfonos móbiles. E iso que están a facerse famosos a conta nosa!!)...o resto é colleita nosa ;) 

Para que continuedes pensando que un Club de Lectura é algo aburrido!

 

luns, 14 de novembro de 2016

Sentirse caleidoscopio.



  
Así di sentirse Sarah no primeiro capítulo do libro. E que será sentirse caleidoscopio?


Fagamos un para experimentar!


O libro, por fin!!

A semana pasada, despois da paréntese terrorífica e samaínica, repartimos por fin os novos libros do Club: Mi teoria de todo, de J. J.Johnson. 

A alegría era enorme!

Enormísima!
 E como aínda estaban por repartir os volumes e non tinhamoslido nada,nesta sesión xogamos co título: MI TEORÍA DE TODO. 

Que é unha teoría? De todo? Que será ese todo? Quen é @ am@ da teoría, a quen pertence ese "mi"?

E fixemos unha actividade sobre teorías científicas, senhores (e senhoras) que as formularan e imaxes que tinhamos que xuntar entre todas: 

Ingredientes dun club de lectura: sobremesa, libros e mans compartindo...

Encontrámoslle a teoría e a cara ao senhor Darwin!

E combinamos capítulos para esta semana: os tres primeiros do libro... A ver que nos depara...



mércores, 26 de outubro de 2016

O Contrato

Na primeira sesión do Club de Lectura As Campainhas xuntámonos 11 persoas. Comemos xuntas na escola e às 14.30 xa estabamos na Biblio para facer unha literaria sobremesa...

...dóce sobremesa!!
A primeira actividade consistiu na lectura do Decálogo da boa lectura... Cada unha lemos un fragmento, ao tempo que o comentabamos e...

...enredabamos un fío nos nosos dedos...
O obxectivo? 

Sentir o club e a lectura como actividades e responsabildiades compartidas!
Ai, moito doía cando alguén tesaba a lá... Uf! Moito aliviaba cando alguén achegaba a man ao centro...

Entre conversa e conversa fomos facendo as nosas propostas para o primeiro libro do ano. Finalmente, Nico convenceunos a todas e todos: 

E esta será a primeira lectura...

Xa vos contaremos!!