E chegou unha nova sesión do Club, con novas incorporacións (cada día somos máis!).
Como continuamos agardando polos nosos exemplares de Mi teoría de todo, aproveitamos que na Biblioteca temos unha exposición terrorífica e, ademais de visitala, ocupamos o espazo para contar, à luz das lanternas, as nosas historias de medo. Desde a das nenas que entran no cine abandonado de Cuntis e dan cunha pantasma-paiaso (cousa maís aterradora non debe de haber) até a da boneca asasina.
Buuf, as pantasmas do teito eran ben asustadoras! |
A historia de Sara... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario