No 25 de abril, sempre, tivemos que abandonar o noso recanto de xantares. O salón de actos estaba ocupado e tivemos que facer iso que tan pouco nos gusta:
XANTAR NA BIBLIO!!
Como vedes, coidámonos moi ben! |
Os xantares sempre son bos momentos para falar e rir. |
E adicamos un tempo ao Dragal, mais tivemos que atender unha encarga:
Desde o Equipo de Dinamización Lingüística andan a preparar o Festival da Lingua e comunicáronnos a necesidade de facer un casting para conseguir actrices e actores. Había uns papeis e unhas escenas pendentes de adxudicar na súa adaptación da obra Conversas coa nobre dama, de Olimpio Arca Caldas.
Así que dedicamos a sesión a ensaiar coas voluntarias e practicar as escenas propostas.
Achegándonos ao texto... |
Actorazas van sair de aquí!
Ningún comentario:
Publicar un comentario