Como a autora do Dragal aproveita o mundo das lendas e contos tradicionais galegos para dar forma á súa historia, na cuarta sesión sobre o libro revisamos os nosos coñecementos sobre as lendas do entorno...
Ai, que pouco sabemos!!
E levamos unhas lendas, recollidas por toda a xeografía galega, nas que o protagonista é un dragón. A cada grupo tocoulle ler unha...
|
Lendo unha lenda... |
|
Ui, canta concentración!! |
|
Esta ten pinta de difícil! |
E despois deberon contarlla ao resto, coa axuda de...
|
Os señores e as señoras monicreques!! |
Reciclamos o panel dos Dereitos da Infancia como Teatriño e veña a representar lendas!
|
Sacando proveito dos recursos da Biblioteca... |
|
Dragal en acción!! |
|
Branca de Neve adaptada á tradición galega... |
E como dicía Barriga Verde: morreu o demo dragón, acabou a peseta o euro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario