Como anda o mundo tolo coa preparación da Festa da Lingua, estes días as quedadas do Club son máis divertidas porque se xunta o noso xantar co ensaio das teatreiras. Así que, ademais de comentar lecturas, exercemos de público privilexiado e crítico coas compañeiras do teatro.
Demasiada xente aí arriba! |
E máis encargas!!
É máis, había que decidir quen gañara o certame Quen é Quen? organizado pola Biblioteca Escolar. E como Xunta Electoral Central que xa é o Club de Lectura, fixemos o escrutinio de todos os votos.
Persoal da Xunta Electoral concentrado no traballo |
E claro, con tantas encargas e tanta interrupción de lectura e tantas sesión que levamos xuntas, xa se me rebelan as clubeiras e pasan totalmente das propostas desta señora... E non, non falamos de Dragal, que cos exames e probas e teatros non tivemos tempo para ler e se queres mellor contámosche contos...
Como este das aventuras da Caca Máxica... |
E mesmo aprendémosche a usar a última moda das modas chegadas a Cuntis...
O spinner!! |
Igual este Club está a desmandarse...
Ningún comentario:
Publicar un comentario