No primeiro mércores do mes de outubro, durante os recreos tivemos as xuntanzas informativas para ver a posibilidade de refundar o Club de Lectura As Campaíñas, como anunciamos polas aulas.
Finalmente, contaremos con dous grupos: un integrado por alumnado de 1º ESO e outro con rapazas e rapaces de 4º a 6º de Primaria.
Reunirémonos, de maneira alterna, unha semana unhas, outra semana outras, os martes, de 14.30 a 15.30. E comezaremos este martes 11 de outubro, o grupo da ESO, comentando a nosas lecturas de verán.
Lembrade, a profe leva o petisco!
Ningún comentario:
Publicar un comentario