“As palabras serven de medicina e de veleno”.
Así, falando das palabras é como Manuel Pérez, antigo mestre deste centro, iniciou o encontro literario cos nosos lectores máis pequenos. Invitounos a participar da sonoridade e do ritmo que conteñen as palabras; presentounos a un pulgón e a un esquío, personaxes dun fermoso conto.
Logo, unha “chuvisca de ideas”, que foi como Manuel Pérez lle chamou, deu lugar á creación dun conto no que, nunha granxa, un cabalo e un gato rifaban cun can que levaba no seu lombo unha bolboreta, porque rompera o seu papavento… Se queredes saber como remata o relato, só tedes que buscar aos nosos lectores polos corredores e preguntarlles. Animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario