As
lecturas do Nadal deron moito para falar; icluso animámonos a ler un
conto do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz,
O libro das infinitas historias. O seu título revela claramente que
este exemplares, o das infinitas historias, contén todas as que
desexamos, sempre e cando pasemos o dedo polgar por riba das liñas
que queiramos modificar. Todos desexamos encontrar nalgún momento da
nosas vidas o libro das infinitas historias.
Para
rematar a sesión, disfrutamos cun libro ilustrado: El ladrón de
palabras. Tanto nos gustou que decidimos que o iamos ter todos
con nós unha noite, e así lelo antes de durmir, ou escoitalo na voz
da nosa nai ou do noso pai. Así que o libro está nestes momentos
viaxando polas casas dos nosos pequenos lectores, en Cuntis, por
suposto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario