martes, 11 de marzo de 2014

¿Qué es el amor?



      Non é preciso máis presentación que mostrarvos as imaxes do libro de lectura conxunta desta semá.








luns, 10 de marzo de 2014

El libro negro de los colores



Hoxe asistimos a unha sesión de lectura en braille, é dicir, a lectura dun libro escrito na linguaxe dos cegos.
O libro trata de como estes  poden imaxinar as cores. Nós pechamos os ollos e puxémonos na súa pel. A experiencia foi incrible, pois a súa maneira de imaxinar as cores deslizando os dedos polo libro pareceunos difícil a vez que estraña. Convidámosvos a que experimentedes con este libro.

                                                                            Sheila Almeida Barral e Ligia.











venres, 28 de febreiro de 2014

La peor señora del mundo





   Hoxe, lectura conxunta deste marabilloso libro. Para poder disfrutar tanto do texto coma das ilustracións, proxectamos La peor señora del mundo nunha pantalla no Salón de actos.
    Antes de iniciar a lectura, fixemos un pequeno xogo de adiviñas sobre o personaxe principal. Todos participaron moi animados, e algúns, incluso, acertaron nas súas descripcións.

    Agora só faltas ti; anímate a lelo!

mércores, 26 de febreiro de 2014

O único que queda é o amor


     Coa lectura do conto Un río de palabras de Agustín Fernández Paz descubrimos un xeito de compartir cos lectores do colexio os nosos gustos literarios. Por iso, imos intentar adornar os corredores do centro con ríos de palabras. Nesta sesión do club de lectura estivemos a traballar niso. Xa vos contaremos como acaba. Estade atentos!



martes, 18 de febreiro de 2014

Mi papá es un payaso





     Os máis pequenos do club de lectura escoitaron a historia dun neno que ten dous papás: un médico e outro... PAYASO. Que divertido escoitar o conto en inglés!

xoves, 13 de febreiro de 2014

La niña silencio





Hoxe visitamos a exposición do libro ilustrado que se organizou no Salón de actos do noso Colexio. O libro seleccionado foi La niña silencio, un libro que de forma metafórica achegounos ao mundo do maltrato infantil dunha nena.






xoves, 30 de xaneiro de 2014

Obradoiro de literatura infantil



“As palabras serven de medicina e de veleno”.

Así, falando das palabras é como Manuel Pérez, antigo mestre deste centro, iniciou o encontro literario cos nosos lectores máis pequenos. Invitounos a participar da sonoridade e do ritmo que conteñen as palabras; presentounos a un pulgón e a un esquío, personaxes dun fermoso conto.

Logo, unha “chuvisca de ideas”, que foi como Manuel Pérez lle chamou, deu lugar á creación dun conto no que, nunha  granxa, un cabalo e un gato rifaban cun can que levaba no seu lombo unha bolboreta, porque rompera o seu papavento… Se queredes saber como remata o relato, só tedes que buscar aos nosos  lectores polos corredores e preguntarlles. Animádevos!