É neste libro no que o doctor Watson coñece ao famoso e excéntrico detective Sherlock Holmes. Así é como o describe:
"O certo é que a convivencia con Sherlock Holmes non resultaba difícil. Era un home tranquilo de costumes regulares. Rara vez estaba a pé despois das dez da noite e, cando eu me erguía da cama, el xa saíra á rúa. Había días que non botaba a pata fóra do laboratorio e, noutras ocasións, permanecía na sala de disección ou daba longos paseos que o levaban ós arrabaldos máis sórdidos da cidade. Cando o acometía un acceso de actividade, non había ninguén que o sobrepasase en enerxía; pero, de tempo en tempo, o péndulo oscilaba cara ó extremo oposto, e pasaba os días estomballado na poltrona da sala de estar, sen darlle ó pé nin á perna e sen pronunciar unha fala dende a mañá a noite. Durante eses periodos captaba eu nos seus ollos unha mirada tan extraviada e baleira que, se a temperanza e a decencia da súa vida non o desmentisen, acaso tería sospeitado que convivía cun consumidor habitual de estupefacientes.
Conforme pasaban as semanas, o meu interese por el e a curiosidade por
saber que estímulos enchían a súa vida fixéronse máis intensos e
profundos. A mesma apariencia física era como para chamar a atención do
menos observador. Media máis de seis pés, e a súa extrema delgadez
resaltaba a impoñente figura. Tiña os ollos agudos e penetrantes,
excepto naqueles períodos que xa mencionei; e o nariz fino e aguzado
dáballe un aire de viveza e decisión. Aunque sempre tiña as mans luxadas
con borrachón de tinta e manchas dos productos químicos, posuía unha
sensibilidade de tacto portentosa, como puiden comprobar en máis dunha
ocasión ó velo manipular os seus fráxiles instrumentos científicos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario