mércores, 28 de xuño de 2023

ACTORES E GUIONISTAS

 

ACTORES E GUIONISTAS

Nesta ocasión convertémonos en guionistas das nosas propias obras de teatro e monicreques.




ESTAMOS SECUESTRADOS

 ESTAMOS SECUESTRADOS


Olliño cos campamentos. O alumnado do club de lectura participou nun campamento que non era o que parecía. Os seus monitores utilizan este campamento como tapadeira para secuestrar nenas e nenos e facelos traballar na explotación dunha mina de ouro agochada nunha cova.


Atentos a carta que lle envían ás súas familias. Nelas hai unha mensaxe segreda na que pedin axuda.



Black Poetry

 BLACK POETRY


Continuamos xogando coa poesía. Nesta ocasión démoslle outro uso a ese libros vellos que non se usaban na biblioteca. 


   

     






Poesía e papiroflexia

 

POESÍA E PAPIROFLEXIA

Tentamos inventar unha poesía dinámica, no que o poema cambie en función da elección do ointe. Para iso fixemos unha figura de papiroflexia chamada "Comecocos". Inventamos 8 versos e os escribimos debaixo das solapas no seu espazo correspondente. Numeramos as solapas e...



... a xogar!!!



Lemos poemas


LEMOS POEMAS



Despois da lectura dos libros "O meu Gato e poeta" e "Poemas birollos para ler cos ollos" de Fran Alonso, escollemos os que máis lle gustou a cada un de nós e o lemos en voz alta para os nosas compañeiras e compañeiros.



 

venres, 8 de xullo de 2022

Fotos que contan historias

Encantounos o libro de Dous Osiños, así que buscaron facer nos un parecido.









Secuestro na fábrica de chocolate

 Un concurso, 5 billetes dorados, unha visita á Fabrica de Chocolate... Algo sae mal... 

Recibimos unha carta de Willy Wonka solicitando a súa axuda. Uns secuestradores, facándose pasar por gañadores do concurso dos billetes dorados, infiltráronse na súa fábrica para roubar as súas receitas e colocar unha bomba coa intención de facela voar polos aires. Charlie está retido como refén.


Comeza a conta atrás



 
Buscamos pistas



 
Superamos probas



 
Atopamos mensaxes ocultos




E desciframos códigos


Contos infinitos

 O señor Wonka ten unha nova receita: figuras de chocolate que cobran vida.  Nos nosos contos infinitos, eles son os protagonistas. Saberás como remata a historia?



Obradoiro de Black Poetry

 




Con motivo do día do libro, decidimos rescatar algunha obra do expurgo e darlle unha nova utilidade. 

Roubamos palabras

Utilizamos as súas páxinas como lienzos para os nosos poemas,

Mulleres e ciencia

 O alumnado de 5º de EP escollemos una novela gráfica de PRIMATES a través de que coñecimos a vida de 3 grandes mulleres adicadas ao estudo destes animais. 

E investigar máis...

Como nenas de 6º, decantámonos por unha muller inventora. Ben é certo que non existiu na realitye pero a todos nos gustaría parecernos un pouquiño a ela. Presentámovos a "SEÑORITA BUBBLE".

Entre moitas das actividades que fixemos atrevémonos a ... 

 

 
Construir o seu brazo mecánico

Escribímoslle unha carta como se foramos Noa e Sofi




mi


xoves, 7 de xullo de 2022

Como lavar um mamut laúdo

 As mozas do Club de Lectura da ESO tiveron unha idea: queremos ir ler para Infantil. 

Así que falamos coas profas, que aceptaron encantadas e as mozas escolleron entre os fondos da Biblio o libro que querían compartir. 


Pareceulles que podería ser divertido aprender a lavar um mamut e alá foron, ao patio de Infantil, con toda a meniñada atenta, dispostas a contar. 

Leron e ensinaron o álbum...

E non só... 

Porque facía falta un neno ou unha nena mamut para representar as fases do lavado...

EU eu eu eu eu eu!!

... e meterse sen medo na bañeira!

Lectoras, mamut e lavandeires en acción

Mimadriña, a que se montou! deixou de haber crianzas en Cuntis e, por un tempo, só houbo mamuts laúdos e limpiños.